Noticias interesantes

Anitzak Hitzak

Video

Povos

Calendario

Contactos

RSS

Contido

Sarrera

lanitzak-izena


ANITZAK EKIMENA: DIVERSAS ORIXES, UN POVO

Anitzak Ekimena é unha iniciativa formada por persoas chegadas de fóra de Euskal Herria e cunhas orixes moi diversas, ben de distintos povos dos Estados español e francés, coma do resto da Unión Europea e de paísese territorios de fóra da mesma.

A iniciativa naceu nun marco moi concreto, xusto cando o último proceso de negociación política estaba a decorrer, e a nosa primeira intención foi a de darmos cobertura e impulsar o devandito proceso, xa que, malia termos vido de fóra, sentiámonos e sentímonos parte integrante deste povo.

Na actualidade, ainda que nos achemos nunha situazón diferente, non abandonamos a teima de seguirmos traballando e poder acadar novamente as condicións precisas que posibiliten voltar a retomar ese camiño. Mais a xente que facemos Anitzak asemade cremos firmemente que os dereitos das persoas migrantes e mailos dereitos que lle corresponden a Euskal Herria coma nazón, lonxe de estaren enfrontados, son claramente compativeis. Porén temos decidido tamén ampliar o noso traballo á defensa desta reivindicación. Tal traballo céntrase en xerar as condicións necesarias coa finalidade de podermos levar á práctica o que se dan en chamar políticas de mútuo recoñecemento. Estas políticas estám baseadas no establecemento dun dobre compromiso:

Dunha volta, o compromiso das persoas migrantes de coñecermos a existencia de Euskal Herria, recoñecéndoa coma nazón con tódolos dereitos que coma tal lle corresponden (políticos, sociais, culturais e lingüísitcos).

Doutra volta, o compromiso do conxunto da sociedade basca de recoñecer tamén ás persoas migrantes coma suxeitos cunha historia, unha lingua, unha cultura e unha identidade próprias, sen necesidade de renuncia ás mesmas pra sermos acollidos coma cidadán e cidadás de pleno dereito.